Monday 29 de April de 2024

Cooperación do Concello con mozos e mozas universitarios da Palma afectados polo volcán


Tal e como se anunciara o pasado decembro, o Concello de Oleiros vai destinar 10.000 euros para que o Ayuntamiento de Tazacorte conceda bolsas a mozos e mozas do municipio que realizan estudos universitarios. Debido aos graves danos materiais ocasionados pola erupción volcánica da Illa da Palma en Tazacorte, moitas familias perdérono absolutamente todo, o que provoca todo tipo de penalidades que lles obrigan, entre outras cousas, a renunciar a continuar cos seus estudos académicos por falta de recursos económicos.

As axudas concedidas por outras administracións non contemplan as subvencións para os gastos dos estudantes que, debendo desprazarse fóra da illa para facer unha carreira, vense abocados a abandonar os estudos porque as súas familias perderon o seu medio de vida, a súa vivenda, ou ambas. Desta maneira, o Concello de Oleiros pretende cooperar para que aqueles mozos e mozas que están estudando poidan continuar formándose para dispoñer dunha oportunidade de acadar un futuro mellor.